Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: Ancares (comarca) / Navia de Suarna
Parroquia: Rao (Santa María)
Lugar: Murias de Rao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Trátase dun penedo cónico de paredes de lousa negra, con covas na base da rocha. No lugar houbo unha explotación mineira de época romana. Se ben hai algunhas lendas cuxos protagonistas son os mouros ou do burato que se se tira unha pedra soa como se tocara en metal, a de máis sona entre os veciños (que teñen por unha historia real) acontece durante as Guerras Carlistas do século XIX. Cóntase que cando unha partida carlista fuxía das forzas liberais, e por medo a que estes se apoderaran do tesouro que levaban, decidiron agochalo na Pena de Murias. A pesares de que foron moitos forasteiros os que o buscaron, nunca lograron dar con el. Tamén andiveron detrás del os habitantes do lugar, mais, ata o de agora, sen éxito. Iso si, saben que non está lonxe de onde buscan e que, máis tarde ou máis cedo, ha de aparecer. Esa seguridade dálla dúas referencias que, ao parecer, deixaron os carlistas por se algunha vez tiñan que volver a buscalo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/lendas-ritos-e-tradicions-da-comarca.html
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/romanizacion.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9128731671
Lonxitude: -6.86816613256
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84