Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Covelo
Parroquia: Godóns
Lugar: Godóns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Ponte de Fofe, está no Concello de Covelo e parroquia de Godóns, aínda que
moi preto do límite coas parroquias de Campo, Maceira e Fofe. Sitúase nun
entorno dominado pola natureza e de moi complicado acceso.

Se a ponte chegou ata os nosos día, foi porque para acceder a ela soamente se
pode chegar a pé, e a súa localicación non é nada sinxela. O mellor xeito de
chegar a ela é dende a marxe dereita, xa que dende a esquerda hai que andar
preto de 1 km por un camiño que nalgunha zona esta case completamente
bloqueado pola maleza.

Dende a marxe dereita un sendeiro sinalizado leva a unha calzada de pedra,
quizais de orixe romana, de seguro unha importante vía de comunicación da
medieval. Despois de andar uns 600 metros chégase á ponte, envolta nun
incomparable e autóctono entorno vexetal.

A Ponte de Fofe consta dun único arco e rasante alombada, está construído en
sillería bastante regular como se aprecia no intradorso e sillería e cachotería
máis irregular, canto máis lonxe do arco. Case a totalidade da ponte está colonizada por
musgos e vexetación arbustiva debido, seguramente, ó clima de gran humidade
no que se atopa, protexida pola abundante vexetación do val.

Perdeu a maioría dos sillares que formaban os peitorís. O pavimento está formado por grandes
lousas irregulares.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://fernandezsendin.blogspot.com.es/2009/01/camino-ponteareas-mondariz-covelo.html

http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/covelo/pontefofe.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O estado de conservación é moi malo, debido ó estado de abandono no que se atopa e a dubidosa estabilidade da estrutura, aínda que non se aprecian a
simple vista fendas de importancia.


Onde está localizado

Latitude: 42.280253792375966
Lonxitude: -8.33687424659729
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84