Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ourense
Parroquia: Seixalbo (San Breixo)
Lugar: Zaín
Outra denominación do ben: Capela da Virxe da Esperanza ou Expectación
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A tamén coñecida como “Capela da Virxe da Esperanza” ou “da Expectación” posúe unha nave de planta rectangular, muros de cachotería concertada de granito. Cuberta a dúas augas de tella curva. Portada con arco de medio punto, porta de dúas follas. Espadana dun só arco, con pequeno campanil, rematada en cruz de pedra. Prolongación de cuberta ata cercha apoiada en piares de madeira formando un acolledor cabido.

Está situada no cruce de camiños que forman a estrada de Seixalbo a Zaín, á entrada ó pobo de Zaín de Abaixo, tendo un pequeno espazo público ó seo carón.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/0455CA026.pdf (P.5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.30854593989868
Lonxitude: -7.840829193592071
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84