Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Agüeira
Lugar: Horta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Trátase dunha capela de tres naves separadas por arcos de medio punto que pousan sobre piares e piastras baixo a mesma cuberta a dúas augas. Os muros están feitos en cachotaría de xisto. Coroa o templo unha cúpula con lanterna que se ergue sobre catro arcos. O presbiterio está máis elevado e é maior ca nave central. O frontis está precedido por unha torre cadrada de tres corpos realizada en cachotaría de pedra calcaria e tres vans. Espadana dun só van con campanil. Na fachada principal hai unha praca coa seguinte lenda: “Capilla de san Benito. Reedificada en 1710. Propiedade de don Edmundo Fernández”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Celebra a súa festividade o luns de Pascua. Levábanselle exvotos de cera que representaban o corpo de animais: vacas, cochos…


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-becerrea_23.html
PXOM do concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.84539382977833
Lonxitude: -7.127037048339844
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84