Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ancares (comarca) / Becerreá
Parroquia: Ouselle
Lugar: Ouselle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase dunha igrexa románica situada ás afóras da poboación de Ouselle. Presenta unha nave cuberta a dúas augas sobre armadura de madeira con catro vigas tirantes, cunha ventá seteira en arco abucinado en cada lateral. No testeiro, sobre o arco triunfal, hai outra primitiva ventá. Os muros son de cachotería calcaria. A porta lateral sur é alintelada sobre saíntes mochetas. Os muros están coroados con toscos modillón de pedra que soportan a cornixa. A ábsida é semicircular, más baixa e estreita ca nave, e cuberta con bóveda de canón. Arco triunfal de medio punto en aresta, sobre piastras. Frontis da porta cun lintel monolítico sobre mochetas cuberto por un rústico pórtico e con porta en arco de medio punto. Espada dun van.
Nas inmediacións ergueuse un monolito en honra do galeguista Fuco Gómez.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-becerrea_23.html
PXOM do concello de Becerreá


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.865716978
Lonxitude: -7.14480400085
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84