Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Praza das Mercedes
Outra denominación do ben: Hospital das Mercedes
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pouco despois de 1854 trasládase o hospital de San Roque, sito na Alameda a este edificio na praza das Mercedes, a o carón do convento das Escravas do Santísimo e da Inmaculada, e permanecerá funcionando ata 1930-1 no que se inaugura o novo Hospital Modelo das Lagoas.

Cando chega a Ourense a pandemia de gripe de 1918, o único hospital público existente na capital era o Hospital Provincial (Beneficencia) das Mercedes, pois aínda non foron concluídos os traballos do Hospital Modelo das Lagoas (iniciadas en 1910 e concluídas en 1930). No Hospital Mercedes tamén funcionou a partir de polo menos 1897 ata o seu peche, un departamento especial no baixo que foi usado para “dementes o variolosos”, segundo as necesidades do establecemento.

Foi un dos primeiros en prestar asistencia a os enfermos mentais nunha zona periférica do estado español: Ourense (Galicia), nos últimos anos do século XIX, principalmente en torno ó 1896-1897. Estaba constituída pola reclusión en celas para dementes. Desde estas celas se derivaban os enfermos a o Manicomio de Conxo (Santiago de Compostela), baixo os acordos existentes entre o consello e a Deputación ourensán.

Actualmente o edificio alberga o C.E.I.P. As Mercedes, que comparte edificio coa residencia xuvenil Florentino Cuevillas. Trátase de un edificio de perpiaño de granito de baixo e dúas alturas, con grandes fiestras, sito na parte alta da Praza das Mercedes. Sobre as dúas portas de entrada principais, ten escudos en pedra.

Información: diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2012/01/ciudad-e-higienesalud-publica.html

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2009_07_01_archive.html

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/01/del-hospital-para-colericos-de-san.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.337939636079874
Lonxitude: -7.86217689514160
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84