Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Muñís
Lugar: Larxentes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

A menos de dous quilómetros de Larxentes, nun outeiro sobre o regueiro de Moía. De forma irregular, ten unhas medidas aproximadas de 150 metros no eixo N-S, e de 120 metros no eixo L-O. Aínda que se pode ver algún mineral de cuarzo, predomina a lousa.
Presenta unhas magníficas defensas naturais en todo o seu perímetro, agás polo leste, defendido por tres potentes foxos, o primeiro duns 50 metros de longo, o segundo duns 60 metros e un terceiro duns 140 metros; a súa altura vai dos dous aos tres metros, cunha anchura de entre tres e cinco metros. Na croa, tamén polo leste, pódense ver os restos dun parapeito de terra e lousa, duns dez metros de longo e un e medio de alto. A pesares das xestas e carqueixas que inzan o xacemento obsérvanse restos de muros feitos con lousas de bo tamaño.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2012/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-navia.html

Resolución de 14 de maio de 1991 pola que se ordea a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (DOG do 12 de xullo de 1991)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.95442803599795
Lonxitude: -6.949152946472168
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84