Outra fotografía:

Tipo de ben: Fábrica,
Concello: Oleiros
Parroquia: San Martiño de Dorneda
Lugar: Abeleiras de Abaixo
Outra denominación do ben: FABRICA LOUZA DORNEDA
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Terreos onde se ubicou a primeira fábrica de louza fina de Galicia, fundada polo inglés Thomas Price no 1799. É polo tanto anterior en varios anos á fundada por Antonio Raimundo Ibáñez en Sargadelos.Hoxe non queda nada dos edificios, salvo algún resto espallado. O interese radica en gardar a memoria deste lugar vencellado a un entorno que garda varios elementos patrimoniais nun reducido territorio e as investigacións que poidan facer sair algún elemento moble ou inmoble; así como entender o incipiente proceso industrializador de Galicia a finais do s.XVIII e principios do XIX. Un dos elementos principais para a ubicación da fábrica neste lugar é a existencia dun estrato de barro branco a pouca profundidade en toda a contorna, así como a cercanía do porto da Coruña. Dito estrato é visible nalgúns camiños nos cortes actuais do terreo, e en estratigrafía invertida nalgúns puntos do muro exterior do Castro de Xaz. Na orixe da fábrica estivo o ilustrado galego Manuel Pardo de Andrade e a súa familia, pois se instalou en terreos que daquela pertencían ó Pazo de Xaz. Non se coñece da mesma nin o nome comercial, nin cómo era a louza, ou se estaba decorada ou non. Nin sequera se teñen referencias do selo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

No lugar a xente maior do lugar lembra o feito de que alí houbo unha fábrica. Contan que cando eran nenos todavía quedaban restos, que pola descripción puido ser parte dalgún forno ou pía. E atopaban anacos de cerámica cando xogaban nese terreo referindo difusamente a existencia de cores na mesma.

Unha antiga casa, hoxe reformada ás feituras actuais, é todavía denominada “do inglés”, en clara memoria de Thomas Price.

A veta de barro branco é coñecida por tódolos agricultores do lugar, pois está a moi escasa profundidade.

O concello de Oleiros adicou a Thomas Price a rúa que da acceso á antiga fábrica.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-“La fabricación de loza fina en la parroquia de Dorneda (1799-1812)” de Antonio Meijide Pardo, Caderno de Estudios Oleirenses IV, 2004 – Editorial Triforium. ISBN: 8493271632

-Xoán Xose Muñiz Bello, artigo en revista local de Oleiros.

-Ponencia de Susana González Amado (Taller Terralume), nas actas do “XIV Congreso Anual da Asociación de Ceramología”, realizado en Oleiros en Outubro de 2009. ISBN: 978-84-693-9525-7


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Elemento patrimonial desaparecido. Só queda parte finca onde se ubicaba a fábrica, existindo construccións no resto. Na contorna se ubicará un campo de golf que pode alterar ou destruir o sustrato de barro branco que deu orixe á fábrica.


Onde está localizado

Latitude: 43.35387154377219
Lonxitude: -8.32626610994339
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84