Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Monforte de Lemos
Parroquia: Monforte de Lemos
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situados na parte máis alta da cidade, forman parte do conxunto monumental de San Vicente do Pino, formado polo cenobio, a igrexa mosteiral, a Torre da Homenaxe, o Pazo dos Condes e restos da primitiva fortaleza, asentados, segundo algúns autores, sobre o castro Dactonio, capital do pobo prerromano dos Lemavos. Dise que o nome provén dun piñeiro que había diante dunha antiga ermida posta baixo a advocación de San Vicente. O cenobio, se ben ten as orixes no século X, o edificio actual data do século XVI. Construído en pedra de cantaría, consta de tres alturas. Na fachada salienta a entrada principal, enmarcada por columnas dóricas e rematada na súa parte superior por un frontón con pináculos e unha fornela coa imaxe do San Bieito. No claustro neoclásico consérvanse unha urna e un baixorrelevo de orixe románica. Posto baixo o padroado de San Bieito, os derradeiros monxes abandonaron o edificio a finais dos anos oitenta, instalándose no mosteiro de Samos.
A igrexa mosteiral, con fachada renacenteista e o interior gótico de transición, presenta planta de cruz latina, rematada por tres capelas rectangulares cubertas con bóvedas estreladas apoiadas sobre arcos agudos. No altar maior, barroco, destacan unha pintura que representa o martirio de San Vicente e unha escultura de Santa Ana co Neno. Nun altar de estética churrigueresca podemos ver unha imaxe da Virxe de Monserrata, patroa da cidade, e noutro altar lateral ao San Brais, de afamada romaría o día 3 de febreiro. Tamén se conserva un sepulcro de pedra pertencente ao abade Diego García, ennegrecido polo lume que os curiosos prenden para ver o que acubilla no seu interior. O sártego está relacionado coa famosa lenda da Coroa de Lume; cando se abriu disque había varios ósos e un cranio onde, ao parecer, se apreciaban as marcas da coroa ao roxo vivo que un conde lle fixera cinguir ao abade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Germán Vázquez: “Historia de Monforte y su tierra de Lemos”
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
Resolución de 14 de maio de 1991 pola que se ordea a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (DOG do 12 de xullo de 1991)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.52322988064187
Lonxitude: -7.510185241699219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84