Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: Darbo
Lugar: A congorza (porto da)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A baleeira é unha das instalacións do complexo industrial de Massó en Cangas.É unha das catro factorías baleeiras que funcionou en Galicia no século XX, e xunto coa da Caneliñas (Cee), é das que mellor estado de conservación amosa. É asi mesmo a factoría baleeira máis meridional de Europa.
Comezou a funcionar en 1955, e nela foron despedazadas e procesadas as baleas e cachalotes capturados pola frota baleeira de Massó (integrada dende 1971 en IBSA) ata 1983, cando España asinou a moratoria internacional da pesca de cetáceos. No equipamento desta factoría empregáronse elementos traídos do desmantelamento da baleeira de Benzú (Ceuta).
Ainda que da balea aproveitábase todo, os tres principais productos desta factoría eran a carne de balea (principalmente para a exportacion ao Xapón), o aceite (destinado a lubricantes, combustibles e industria cosmética) e as fariñas (que eran misturadas coas de peixe para adicalas a pensos animais).
A factoría baleeira está composta principalmente por tres elementos: a rampa de remonte, a plataforma/nave de despece e as instalacións de procesamento da graxa.
A rampa de remonte das baleas, duns 40 metros de longo e 7 de ancho, está feita de pedra e formigón cuberta por madeira. As baleas eran achegadas e varadas cunha boia fronte o porto da Congorza, e despois remontadas cunha cadea prendida da súa cola cun cabrestante dende terra.
A plataforma de despece consiste en dúas plataformas, igualmente cubertas de madeira, de 70 x 20 metros. Na primeira os homes con grandes coitelos e co apoio de guindastres, esfolaban e despedazaban ao animal; a seguir, os pedazos do animal, pasaban a unha plataforma elevada a media altura, onde as mulleres separaban o magro da graxa e recurtaban os grandes pedazos de graxa para levalos a fundir. A cuberta, de formigón prefabricado e chapa de fibrocemento, e os paramentos da nave, de bloque de formigón, son dunha fase máis recente.
As instalacións de graxa consistían nun corpo de dúas alturas anexo á nave de despece. A graxa era remontada cunha plataforma elevada ao segundo andar, dende onde se botaba a unhas grandes caldeiras onde era fundida e separada para o envase.
Apegadas as instalacións descritas hai un varadoiro. Outros elementos industriais significativos do complexo de Massó no Salgueirón son a conserveira e o varadoiro principal, dos anos 40, e a fábrica de salga, da segunda metade so século XIX. Ademais hai outras construccións de servizo e amplos espazos verdes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

* Berea, E. e García Movilla, Cruz C. “Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca”. MOPU. 1993.

* Luisa Muñoz Abeledo, “Gaspar Massó Gracía” en “Empresarios de Galicia”, CIEF, 2006.

* Valdés Hansen, Felipe; “Los balleneros en Galicia (Siglos xiii al xx)”; Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2010.

* Julián Adán, Eva (Coord.) “Estudo de usos públicos e sociais para a recuperación natural e patrimonial do ámbito do Salgueirón.” A Oitava Illa S.L.

* Ficha 2 do “Inventario Histórico do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo”. http://entremosnapanificadora.com/index.php?option=com_content&view=article&id=82:2&catid=45:inventario-de-patrimonio-industrial-da-ria-de-vigo&Itemid=78


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Durante anos o complexo Massó estivo amenazado pola promoción urbanística de “Marina Atlántica”, que pretendía facer 700 vivendas e 400 amarres. A resistencia popular, primeiro, e despois a quebra de Marina Atlántica afastaron este proxecto nada respetuoso co patrimonio industrial e natural dos máis de 200.000 m2 do complexo Massó.
Actualmente estase a falar da súa conservación, declaración como BIC e reaproveitamento con fins sociais e/ou máis respetuosos.


Onde está localizado

Latitude: 42.24998750358879
Lonxitude: -8.789030313491821
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84