Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento, Vila romana,
Concello: Mugardos
Parroquia: Mehá
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Asentamento romano que data dos séculos I ou II despois de Cristo e que permaneceu habitado ata os séculos V ou VI. Nas inmediacións atópase a planta de gas de Reganosa quen financiou as escavacións realizadas entre os anos 2002 e 2006. As escavacións estudiaron uns restos arqueolóxicos que ocupan uns mil metros cuadrados, distribuídos en dúas áreas. A principal hipótese que barrallan os arquéólogos é que se trata dunha vila romana, pero as reducidas dimensións do conxunto principal unido á proximidade doutros xacementos como a vila romana de Noville fan que sexan necesarios máis datos para afirmar con certeza a súa tipoloxía. Nun primeiro momento atopouse unha estrutura rectangular, duns trinta metros de longo por seis de ancho. Despois localizouse unha segunda edificación (que sería a parte habitacional) que contaba con dúas salas calefactadas e unha estancia principal acaroada a un baño. Polos restos atopados e pola cercanía ó mar parece que os seus habitantes vivían da pesca.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Os restos deste xacemento están na actualidade almacenados e conservados nos terreos da empresa Reganosa, esperando construír en breve un Centro de Interpretación en Mugardos, permitindo a súa musealización e a súa posta en valor. En febreiro de 2010 firmouse un acordo entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, o Concello de Mugardos e a empresa Reganosa para a construción do mencionado Centro.
Onde está localizado
Latitude: 43.4600215781Lonxitude: -8.2423210144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Xul 28, 2011
A ficha do catálogo de elementos arqueolóxicos do PXOM de Mugardos (1999) correspondente a este xacemento (ficha nº 8)pódese visualizar en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUGARDOS/documents/0227CA007.pdf
Xosé Luis says:
Mai 1, 2015
Na actualidade estase construindo un museo para albergar o xacemento, fora da zona onde se atopa na actulidade. Dito museo estase construindo en O Cristo en Mugardos.