Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Vicedo
Parroquia: Cabanas
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Construída por orde do bispo de Mondoñedo e custeada por Fernán Pérez de Andrade, non se sabe con exactitude cando comezaron as obras (crese que no ano 1392) nin cando remataron, aínda que si hai constancia de que, ao menos no ano 1446, xa estaba en plena actividade tal como se desprende dun documento no que se le: “Fernán López, clérigo de Santa María de Cabannas”. Da obra oxival só queda a nave cos brasóns dos Andrade, así como un xabaril (símbolo da mesma familia) situado nun ángulo do aleiro do pórtico cunha cruz lobulada no lombo. O adro e o campanario adosado ao frontis datan do século XVIII. No interior, capela maior con cúpula semiesférica, arco triunfal de medio punto, pía bautismal oxival e retábulo maior salomónico, tamén do século XVIII. É de destacar o escudo que hai no tímpano da portada coa inscrición “+ ER(N)ANDO P(ERE)S/DANDRADE MANDOU FAZ/ER C(OA) S(UA) AJU(DA)” que, xunto co de Riobarba, constitúen dúas importantes testemuñas de tímpanos heráldicos dada a súa pouca frecuencia en Galiza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/monumentos-do-concello-do-vicedo.html

PXOM do concello do Vicedo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.62603901130417
Lonxitude: -7.687768936157227
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84