Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mariña Occidental (comarca) / O Vicedo
Parroquia: O Vicedo
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Antigamente chamada Santo Estevo do Val. Construída sobre un antigo asentamento castrexo. Sábese que foi reformada no ano 1794. Planta rectangular de tres naves separadas por arcos de medio punto, capela maior, con arcos de descarga fincados nos muros, dúas sacristías e pórtico diante do frontis. Espadana de dous vans á que se accede por medio dunhas escaleiras encaixadas no mesmo muro e pequena espadana dun oco preto da porta lateral. Retábulo maior neoclásico cun altorrelevo que representa a lapidación de Santo Estevo. Tamén se conservan dúas pinturas, realizadas por Juan de Castinande no ano 1835, que representan o xuízo e o enterro do patrón da parroquia. Nos retábulos laterais, de factura neoclásica, pódense ver as esculturas de San Roque e San Nicolás. No coidado adro da igrexa pódense admirar, entre outras pezas, unha pía bautismal, dúas centenarias campás, sártegos de granito e unha curiosa pía de pedra destinada ao salgado do porco.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a tradición, a posta baixo o padroado de Santo Estevo naceu dunha lenda. Cóntase que unha noite de apavorante treboada apareceu un cadro coa imaxe do santo na praia de Xilloi, no lugar coñecido como O Altariño. Os veciños puxeron o cadrdo sobre un carro de bois, deténdose, xusto, no lugar onde se construíu a igrexa. Outra lenda conta que foron os templarios da Coelleira os que levaron o cadro ao templo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/monumentos-do-concello-do-vicedo.html
http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/historia-e-lenda-da-illa-da-coelleira.html
PXOM do concello de O Vicedo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.7328331
Lonxitude: -7.6736957
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84