Outra fotografía:

Tipo de ben: Vila romana, Cruceiro,
Concello: Baralla
Parroquia: San Miguel de Neira de Rei
Lugar: A Ponte de Neira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

A columna forma parte dun cruceiro situado nun xardín particular. A cruz, moderna, asenta sobre un fuste liso e unha base, ambos os dous de granito, probablemente de época romana. Segundo conta un veciño de Todón de Abaixo (Becerreá) de 88 anos, as pezas saíron á luz no ano 1932 cando se estaba a facer unha estrada local, no lugar coñecido como O Agro de Pedreda, en Constantín. Tamén apareceron restos de cerámica e anacos de mosaicos. Algúns autores, entre eles Javier Gómez Vila, sitúan aquí a mansión romanza de Timalinus, identificada coa Talamina do xeógrafo grego Ptolomeo quen a cita na súa “Xeografía”, aínda que situada de maneira imprecisa. Polo de agora, o único que sabemos de Timalinus é polo “Itinerario de Antonino” onde di que se atopaba a XXII millas de Lucus (Lugo), dirección Asturica (Astorga).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/romanizacion.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9190856
Lonxitude: -7.2024333
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84