Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: O Vicedo
Parroquia: O Vicedo
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dunha pequena illa situada no Mar Cantábrico, diante da punta Vixía do Vicedo, no límite entre os concellos de O Vicedo e Mañón e das provincias de Lugo e da Coruña. Dista uns 500 metros de terra firme, é alongada de leste a oeste cunha superficie aproximada de 27 hectáreas, acadando unha altura máxima sobre o nivel do mar de 82 metros. Pódese atracar na illa polos lugares coñecidos como O Portiño e O Liñeiro. Xunto dela emerxen un diminutos illotes que reciben os nomes do Cabaliño, Percebosa e Carabelas.
Na Coelleira abunda o feldespato (“ollo de sapo”). Ademais das toqueiras que dan acubillo aos coellos (e de onde supostamente provén o nome), hai salamántigas (píntegas), percebes nas partes máis agrestes e aves (corvos mariños, cormoráns, araos e vinte e cinco clases de gaivotas). Tamén se pode atopar a coñecida como “herba da fertilidade”, utilizada ata non hai moitos tempo polas mulleres que querían ter descendencia.
Malia que a lenda di que os celtas xa consideraban á illa como un lugar sagrado, ou que uns monxes provenientes de León se instalaran na illa cando fuxían dos sarracenos, os primeiros documentos datan dos anos 1095 e 1099 e que falan do mosteiro de San Miguel da Illa da Coelleira. Non se volverá ter noticias deste cenobio ata o ano 1420 en que aparece rexentado polos Coengos Regulares de San Agostiño. É durante este escuro período cando a tradición e a lenda (mellor dito, as lendas) sitúan aquí aos Pobres Soldados de Cristo, máis coñecidos como os templarios.
No ano 1489, o bispo Fadrique de Guzmán une o mosteiro da Coelleira a San Martiño de Mondoñedo, en Foz. No ano 1628, a Catedral de Mondoñedo, propietaria da illa dende o 1535, acode ao xuíz para rematar coa desfeita que os baleeiros, que a utilizaban como atalaia para divisar as baleas, estaban a ocasionar nos cultivos.
Despois de diversas vicisitudes e alancando no tempo, no ano 1864, o enxeñeiro Marcelo Sánchez Novellán constrúe o faro da Illa da Coelleira. A súa contrución foi aprobada por Real orde de 23 de xullo de 1861 e por un importe de 46.836 reás.
Segundo o Rexistro de Nacementos do Concello do Vicedo, a derradeira persoa nacida na Coelleira foi Sagrario Ballester Castaño, o día 15 de agosto 1926, filla do derradeiro fareiro, Manuel Ballester García.
Do primitivo cenobio, polo de agora, non apareceron restos.
(Nunha das imaxes pódese ver a Illa da Coelleira, dende o Porto de Bares (Mañón), nunha foto de principios do século XX)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Historia e lenda da illa da Coelleira” en:
http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/historia-e-lenda-da-illa-da-coelleira.html

“Historia de Vivero y su concejo” (1953), de Juan Donapetry Iribarnegaray

“El monasterio de San Miguel de la Isla de la Coelleira” (1983), por Enrique Cal Pardo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.758716
Lonxitude: -7.6310791
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84