Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Habitado por monxas dominicas de clausura. No interior da igrexa consérvase a imaxe da Virxe de Valdeflores que, segundo a lenda, deu orixe ao nacemento do cenobio. O mosteiro, cun enorme claustro, foi remodelado nos séculos XVI, XVIII e XX. A igrexa presenta trazas románicas e oxivais. A torre do campanario é do 1618, para a súa construción tomouse como referencia a do desaparecido convento de San Domingos. A portada é oxival con arco interior en forma de trevo e con arcos sostidos por columnas e capiteis de follas. Sobre ela hai unha escultura de San Domingos proveniente do desaparecido convento dominico. O interior é dunha soa nave, con presbiterio e coros alto e baixo ao fondo. Detrás do retábulo aprécianse restos de pinturas murais. Entre o mobiliario destaca un órgano do século XVIII e un Lignum Crucis traído de Xerusalén pola beata Constanza de Castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
“Historia de Vivero y su concejo”, de Donapetry Iribarnegaray
Páxina web do Concello de Viveiro


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.65048501002724
Lonxitude: -7.604942321777344
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84