
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cortegada / Gomesende
Parroquia: Rabiño (San Bieito)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de pedra situado sobre unha plataforma de pedra miúda e outra pequena plataforma de pedra traballada,sobre q que se ergue un cubo,logo o fuste que ramata nun capital toscano e unha cruz sinxela.
O cruceiro garda un cruce de camiños vellos(entre Cortegada,Seixomil,Refoxos,Louredo e Valongo) así como serviu de fito territorial entre os coutos monacais de Refoxos e San Benito do Arnoia durante a Idade Media e Antigo Réxime.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
lugar de cumprimento de sentenzas xudiciais (apreamento,aforcamento)por parte dos xuíces dos coutos monacais.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20631896712359Lonxitude: -8.161725997924805
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xul 28, 2011
Dado que Cortegada só pode remitirse ás N.S.P.P (1991), se consultamos o seu catálogo, non aparece recollido ningún cruceiro; pero os escudos, emblemas, pedras heráldicas e brasóns, rolos de xustiza, cruceiros, cruces de termo e pezas similares de interese histórico máis de 100 anos están protexidas polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, tendo a consideración de Bens de Interese Cultural segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español