Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castro Caldelas
Parroquia: Castro Caldelas (San Sebastián)
Lugar: Castro Caldelas
Outra denominación do ben: Santuario dos Remedios
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Trátase dunha construción neoclásica de planta de cruz latina sendo un edificio moi amplo no que destaca ao lonxe a súa cúpula elíptica. Un conxunto elegante aínda que da a impresión de ser frío debido a súa arquitectura severa e lisa. Nas pechinas sobre as que se eleva a cúpula estiveron pintados os catro evanxelistas ata o último tercio do século XX. No interior, entre os altares, neogóticos, destaca a Virxe, unha talla antiga que dispoñe un camarín seudo-oxival para as procesións.
O deseño da fachada principal anúncianos formas compositivas neoclásicas moi xeralizadas do século XIX. Divídese en tres corpos verticais. O corpo central sobresae lixeiramente en planta, onde fica a porta rectangular seguida dunha balconada flanqueada polas pilastras xigantes e, coroada por un frontón curvo-oxival. Nos corpos laterais destacan unha fornela por cada corpo que contén cadansúa figura pétrea. Ten dúas torres xemelgas de tres corpos graduados de planta cadrada, formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto onde van as campás e rematadas cunha cornixa. No último corpo, unha cupuliña sobre machóns formando seis arcos de medio punto e, coroando a cúpula, un pináculo cunha cruz de forxa en cadansúa torre-campanario.
Neste santuario da Virxe dos Remedios ten tras del unha longa historia. A súa orixe pérdese nos tempos, sabendo con exactitude que xa no ano 1578 existía ahí unha pequena capela. A ermida da Nosa Señora do Prado, era tan pequena que non cabían máis dunha ducia de persoas. Aló polo século XVII, Andrés de Prada, quen fora secretario de Guerra de Felipe II, derrubou a antiga ermida e construiu nela unha nova igrexa.
A devoción foi tan forte pola Virxe da Ermida do Prado que a comenzos do século XIX, pensouse nunha nova ampliación. O párroco de Castro, Manuel Rodríguez Quindós, non dubidou en expoñer no ano 1810 ó obispo de Astorga a insuficiencia do seo para acoller ós fieis propoñendo a construcción dunha igrexa máis grande. No ano 1812 iniciaríanse as obras rematando dun modo definitivo no ano 1861.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.37452473019751
Lonxitude: -7.414623498916626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84