Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Ames / Brión
Parroquia: Ortoño- Os Anxeles. Bastavales
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Forma parte do LIC Sistema Fluvial Ulla-Deza (lugar de interés comunitario). A zona que describimos aquí son as partes do Val da Amaia que abarcan o tramo do río Sar, ao seu paso polos concellos de Ames e Brión . Este espazo de Rede Natura 2000 declarouse Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral e posteriormente, a Comisión europea declara LIC a lista de espazos naturais da Rede Natura. Dentro desta rede correspóndelle ao Concello de Ames 56 hectáreas, un 0,70 da superficie do concello.
Neste val de orixe fluvial, hai bosques de ribeira mesturados con zonas destinadas ao cultivo e pastoreo e pegadas do sistema agropecuario tradicional.
Ademais de embocar incontables regatos nas marxes do río Sar, hai abondosa vexetación ripícola como ameneiros (Alnus glutinosa), freixos (Fraxinus excelsior) e bidueiros (Betula alba) que dan paso a soutos e carballeiras.
A zona de un alto valor ecolóxico alberga multitude de especies de flora e fauna e dentro destas son de especial importancia as aves, que teñen nestes lugares húmidos un sitio de paso, repouso e reprodución. Entre os máis destacados podemos ver a impresionante Garza Real (Ardea Cinérea) e o Lavanco (Anas Platyrhynchos).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Gende Barbeiro, Antonio. As aves do Val da Maía, ED. Concello de Ames 2009 Depósito Legal C 3270-2009
http://www.concellodeames.org/descubrenos_xeografia_e_clima.php?idioma=gl
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/rio-sar-sigue-uvi-espera-nueva-depuradora-no-llega/idEdicion-2012-02-23/idNoticia-732293/
Sistema fluvial Ulla-Deza na páxina CMAOT Xunta de Galicia
https://goo.gl/tHr8Jt
http://cmaot.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=157817&name=DLFE-32325.pdf

Lei 9 /2001, do 21 de Agosto de Conservación da natureza e outra Lexislación sobre espazos Protexidos en:
http://mediorural.xunta.es/institucional/normativa/conservacion_da_natureza/
http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/espazos_protexidos/rede_galega/zepvn/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A contaminación do río Sar e esaxeradamente alta e desprendese moito cheiro nas marxes do río.


Onde está localizado

Latitude: 42.851208317
Lonxitude: -8.65074634552
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84