Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mariña Occidental (comarca) / O Vicedo
Parroquia: Cabanas (Santa María)
Lugar: Manxofrío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Erixida na marxe esquerda da estrada local que leva á igrexa parroquial, fronte á pista que baixa a Manxofrío. A cruz, cilíndrica dunha soa peza, asenta sobre unha basa cuadrangular cos rebordes superiores biselados. O conxunto érguese sobre unha plataforma de cemento. No anverso presenta a Cristo crucificado e a cartela coa inscrición INRI na cabeceira. Na base do varal, sobre unha peana, figura unha imaxe da Virxe onde se aprecia o manto e os pregues da roupa. No pedestal vai inserida unha prancha de mármore en cor branca coa seguinte inscrición: “En memoria de Regino González. Su fiel esposa Genoveva Pajón. Año 1913”. Nos inicios da II República, a cruz foi retirada do seu emprazamento, retornando ao mesmo, con procesión incluída, durante a ditadura franquista.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/cruces-do-concello-do-vicedo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.62910345936631Lonxitude: -7.6783061027526855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84