
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mariña Occidental (comarca) / O Vicedo
Parroquia: Río Barba (San Paulo)
Lugar: O Chao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruz monolítica irregular situada nun cruce de camiños, moi preto da igrexa parroquial e da antiga escola de nenos. Fincada directamente no chan. Paraban os enterros. Antes da ubicación actual chantaba na marxe oposta do camiño. Durante anos permaneceu tirada ata que os derradeiros mestres da escola pública dicidiron levantala.
Durante uns traballos de desbroce no mes de outubro 2010, a cruz foi partida polo pé. Na actualidade atópase apoiada nun poste da luz.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://patrimoniodovicedo.blogspot.com.es/2011/06/cruces-do-concello-do-vicedo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.67128313920966Lonxitude: -7.670731544494629
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xabier Moure says:
Abr 7, 2013
Cando realicei o catálogo das cruces e dos cruceiros do municipio de O Vicedo no ano 2007, o BNG presentou unha moción ao Pleno do Concello para que se protexeran e puxeran en valor. A moción foi aprobada polos tres grupos políticos que formaban a corporación municipal. Mais, ao día de hoxe, esa protección é inexistente, mesmo, dende aquelas, algunhas cruces atópanse en peor estado.