Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gomesende
Parroquia: san pedro de poulo.
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa barroca de catro tramos, con capela maior abovedada con crucería cos nervios pintados, ó igual que san Bieito do Rabiño, algunhas pinturas tal vez do Mestre de Banga do XVI. Destca a súa torre con balaustre e pedra armeira dos Puga e no lado esquerdo escudos dos Puga,Mosquera.O seu arquitecto semella ser o mesmo de San Lourenzo de Fustáns e San Martín de Valongo.
O seu patrón no XIX era o conde de Maceda que cedeu 1818,50 ferrados de pan para reparar a igrexa, tempo despois a súa dona cedería as rendas de 1823-1824, seguindo con obras a principios do XIX época na cal se tallou o retablo maior en estilo neogótico (tal como dictaba a moda da época) obra de José Núñez destacando tamén un retablo lateral do XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

retablos,capela maior abivedada,escudos dos Puga,lápidas sepulcrais do XVIII


Tradición oral:

Lugar d epaso do camiño real cara Celanova.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2028925814166
Lonxitude: -8.09391975402832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84