Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Mariña Occidental (comarca) / O Vicedo
Parroquia: Cabanas (Santa María)
Lugar: O Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situada na aldea de O Campo, parroquia de Cabanas. Cando andaba a realizar o inventario e catalogación das cruces e cruceiros do concello de O Vicedo no ano 2007, xa me chamou a atención esta traballada pedra de granito cunha cruz latina insculpida. Tirada no chan, coloqueina sobre un valado, onde continúa na actualidade. Mais, daquelas, o único dato que puíden comprobar é que estaba descontextualizada e que anteriormente se atopaba no antigo camiño que levaba cara a igrexa de Santa María de Cabanas. No mes de novembro do ano 2012, un home que no seu momento me informara dunha cruz na aldea de a Capariña, contoume que a cruz que fora gravada por un home había uns setenta ou oitenta anos, reaproveitando a prancha de granito que “toda a vida” estivera chantada no vello camiño real e á que antigamente, segundo escoitara contar aos seus antergos, se achegaban os veciños co gando enfermo para que sandase, atando o animal á pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.6434862588
Lonxitude: -7.69033849239
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84