
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Ourense / Ourense (comarca)
Parroquia: Seixalbo (San Breixo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A pesares do cualificativo de “nova” hai que dicir que é bastante antiga. Está ubicada na Verea Real e na actualidade atópase moi por baixo do nivel do camiño (en tempos estaba a ras do mesmo). A esta fonte fai mención, segundo Duro Peña, un documento foral do ano 1223 que di: “…Nos damus tibi Elvire Roderici quandam hereditatem in termino Saxo Albo sicut dividit ex una parte cum hereditate Romani inde per agrum ecclesie de Saxo Albo in sumitate, deinde per regarium qui descendit de Uillari, ex alia vero parte sicut incipit ad fontem de venit per viam publicam que ducita Saxo Albo ad Auria”. Para acceder a ela construíronse unhas escaleiras. Na parede hai unha pedra cunha cruz de onde sae o cano da auga que verte nun sártego antropomórfico de época medieval que foi reaproveitado como pía. Nunha das pedras pódese ver un símbolo que, sen dúbida, corresponde a unha marca do mesmo canteiro que traballou na primitiva igrexa románica de Seixalbo e que podemos atopar en varios perpiaños do templo, o que significa que esta pedra da fonte foi reaproveitada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo a lenda, na fonte hai enterrado un home que caeu da torre da igrexa parroquial cando os veciños descubriron que estaba a roubar. Como se trataba dun ladrón non o enterraron en lugar sagrado polo que decidiron facelo na Fonte Nova. De aí vén a tradición de que da fonte mana unha auga moi pesada polo que, quen a bebe, debe camiñar para que non lle sente mal.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Seixalbo e os seus nomes de lugar”, de Marga Seara Pazo.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3049883Lonxitude: -7.8564065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Xan 24, 2013
O PXOM de Ourense está afectado polo Decreto 187/2011:
“AFECTADO POR DECRETO 187/2011 DO 29 DE SETEMBRO, PUBLICADO NO DOG CON DATA 03/12/2011, POLO QUE SE SUSPENDE PARCIALMENTE A VIXENCIA DO PLAN XERAL DE ORDENACION URBANA DO CONCELLO DE OURENSE E SE APROBA A ORDENACION URBANISTICA PROVISIONAL ATA A ENTRADA EN VIGOR DO NOVO PLANEAMENTO. PARA COMPLETA INFORMACION CONSULTESE OS AMBITOS OBXETO DE SUSPENSION.”
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/22717ju001.pdf
adela suma says:
Xan 24, 2013
A web de Planeamento da Xunta, no apartado do PXOM de Ourense non conten Catálogo.
adela suma says:
Xan 24, 2013
No inventario das Normas Subsidiarias e Complementarias provinciais non aparece este ben.