
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Cartelle
Parroquia: Espiñoso (San Miguel)
Lugar: Pazo - Lamagrande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
De sempre os habitantes dos arredores adxudicáronlle propiedades curativas, especialmente para enfermidades, principalmente o raquitismo en nenos, que se coñecía como ter o tangaraño ou enganido.
Trátese de unha fonte a que se lle deron estas propiedades e se lle fixo unha especie de altar con nicho na súa parte alta, adoptando así este culto pagán, relacionándoo coa capela próxima da Asunción, atribuíndo esas propiedades curativas a Santa.
O dia 15 de Agosto celébrase a Nosa Señora do Adrio, tendo unha procesión polo lugar, e o día seguinte 16 de Agosto outra na honra de San Roque.
Os nenos “engarañados” teñen que pasar tres veces pola auga entrando pola fronte da fonte e saíndo polo lateral, para “correrlle o enganido”.
Unha persoa púñase na boca da fonte, e tal como pasaba o neno, recitaba “Vai para aí o engarañado” entregándollo a outra persoa que o recollía no lateral dicindo “O recibo san e salvo”.
O neno tiña que estar espido e repetíase o paso pola fonte tres veces, a continuación colocábano no oco en forma de capeliña que está na cima e recitaban unha oración o “Deus te salve” ou “Deus te lave”.
Despois levaban o neno a capela da Virxe do Adrio e pasábano tres veces por debaixo das andas da Santa.
Finalmente hai que sacarlle a roupa o neno e enterrala durante oito días.
Información: achegada por Victor Estevez, sacada da memoria das xentes do lugar.
Fotos: Victor Estevez
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20709367914768Lonxitude: -7.9783111810684
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Xan 24, 2013
Cartelle non ten planeamento de seu. O Inventario das Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais non recollen este ben.
Juanlu says:
Xul 18, 2015
Alén do ritual xa comentado, os meus avós engaden outro relacionado con esa fonte. Para librar ao neno do enganido, practicábase tamén o ritual de “cortar a pexa”. Consistía en levar ao neno, pola noite, espido e cos pés atados cunha “pexa”, unha corda o suficientemente frouxa para que lle permitise ao rapaz camiñar aínda que fose con dificultade. A persoa que levaba ao rapaz ata a fonte non podía falar palabra ningunha e tiña que conseguir que alguén que pasase polo camiño cortase a pexa cun coitelo ou unha machada.
Ao ritual de pasar pola fonte tres veces a miña avoa engade (con certas dúbidas) que ao rapaz se lle lavaban aos pés, ou ben ao rematar as tres voltas ou en cada unha delas, (non lembra con seguridade) e tamén se lle rezaban algunhas oracións.