Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Ramirás / Terra de Celanova (comarca)
Parroquia: Mosteiro (San Pedro)
Lugar: O Mosteiro
Outra denominación do ben: Mosteiro de San Pedro
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Monxas bieitas, séculos X-XII. Fundado por Onmega, abadesa do cenobio de Santa Comba de Bande, quizais como mosteiro familiar que posteriormente se uniría á Regra de San Bieito, absorvido no século XV por San Paio de Antealtares, en Santiago. Sen entrar se nalgún momento tivo carácter mixto, a documentación recolle nomes de homes que desenvolvían funcións administrativas, de vixiancia, mordomos e, por suposto, sacerdotais. Coa desamortización prodúcese o abondono e a ruína definitiva do xa decadente cenobio. Será entrado o século XX cando Xosefa da Resurreción Vázquez, monxa do convento de Santa Clara de Allariz, ten unha visión na que se lle encomenda a fundación dun convento. Enterado do prodixio, o bispo de Ourense, Francisco Blanco Nájera, arbitra os medios necesarios para que a finais de 1949 a visionaria Xosefa, a cabeza dun grupo de monxas, se instalen de novo en Ramirás. No ano 1959 as clarisas de Ramirás abren un colexio para nenas ata que deciden acollerse á clausura. No ano 1993 abandonan definitivamente as instalacións que na actualidade acollen unha residencia de anciáns. A igrexa, románica de transición ao gótico, ten planta basilical de tres naves separadas por piares compostos, con arcos forneiros e feixóns, e tres ábsidas semicirculares, a central máis alta ca as laterais. A fachada consta de tres portadas con arquivoltas, circular a central e apuntadas as outras dúas. A portada principal é románica, flanqueada por dous contrafortes cunha porta de acceso de catro arcos superpostos onde o superior destaca pola súa decoración axedrezada. No frontón ábrese un rosetón.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.168157293439386
Lonxitude: -8.030405044555664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84