
Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Meira
Parroquia: Meira
Lugar: Meira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Císter, séculos XI-XII. As orixes non están claras, barallándose dúas hipóteses, unha do 997 baixo os cluniacenses, e outra do 1143 xa baixo a Regra do Císter. Do conxunto monacal consérvanse a cociña, o refectorio, os arcos forneiros, as ménsulas e os arrinques dos arcos do claustro das Procesións (s. XVIII) e pegadas nos edificios que acollen as dependencias do Concello. A igrexa, do 1143, ten planta de cruz latina con tres naves divididas en nove tramos, onde a central, cuberta con bóveda de canón apuntado sostida por arcos faxóns, dobra en anchura ás laterais. Cruceiro e cabeceira cunha ábsida central semicircular, precedida por un tramo recto enmarcado por capelas cadradas. A portada principal é románica, con arquivoltas sostidas por tres pares de columnas. Sobre ela ábrese un enorme rosetón. A porta conserva as ferraxes do século XIII.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2134256Lonxitude: -7.2942885
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Xan 25, 2013
Ordenación da zona de protección da Igrexa de Santa María de Meira no pxom de 1977
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/main/SeeDocumentoGALICIA.asp?elementoID=1214&menuTitle=CATALOGO&mosca=&idlinkmapimage=-1&px1=636609&px2=640689&py1=4784901&py2=4787524&pIsNSPP=0&pIDProvincia=-1