Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: A Peroxa
Parroquia: A Peroxa
Lugar: A Peroxa Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Século XIII. Construído nun outeiro sobre o regueiro Rial, ocupa o lugar dun antigo asentamento castrexo. De orixe descoñecida, hai autores que sitúan a primeira construción no ano 793, durante o reinado de Afonso II. No ano 1370 pasou a Pedro Ruiz Sarmento, primeiro señor de Ribadavia. No século XV foi destruído polos Irmandiños. Ao longo dos séculos, os veciños da Peroxa foron vasalos dos condes de Ribadavia, Maceda, Vilamarín e do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Na segunda década do s. XX mercouno Artemiro Fernández quen vendeu as pedras da Torre da Homenaxe e boa parte dos muros para a contrución da igrexa parroquial. Construído en perpiaño granítico, ten planta poligonal reforzada por catro torreóns semicirculares. Nun dos torreóns, situado xunto á porta de entrada, ábrese unha seteira. No interior pódese ver un alxibe.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda, o castelo foi conquistado polos árabes, mais, grazas ao Apóstolo Santiago que chegou voando sobre o seu cabalo, reconquistouno.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4342186075
Lonxitude: -7.78702139854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84