Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ames
Parroquia: Ortoño- Os Anxeles. Bastavales
Lugar: Cortes, As (A Devesa)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruz sinxela de pedra con brazos lixeiramente potenzados e que está a beira da estrada que vai de As Cortes a Sisalde no lugar chamado A Devesa. Apoiada sobre píar de cemento para levantala do terreo e facela máis visible. O lugar onde está é unha zona de terreo moi húmido no inverno e de auga apozada que fai turbeiras. Está a 300 metros do cruceiro de Sisalde, situado inmediatamente despois de pasar este zona encharcada e de bosque de ameneiros, bidueiras e carballos. Había outra inventariada no pxom do concello moi parecida a esta, pero moito máis grande, no Lugar das Buceleiras,(Bugalligo) nun cruce de camiños (hoxe estradas) e a escasos metros da mámoa do Picón (nº 2), pero hoxe está desaparecida. A cruz da Devesa non está no inventario do pxom do concello de Ames do 2002.
Na segunda foto podemos ver a desaparecida cruz das Buceleiras (Bugallido).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.84087212065856
Lonxitude: -8.646175861358643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84