Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Castrelos (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben: Santa María de Castrelos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa románica do século XII. Posúe unha planta dunha soa nave con ábsida semicircular. Os muros son lisos sen contrafortes, con cinco fiestras na nave, dúas no muro norte, dúas no sur e unha no oeste. A ábsida está iluminada grazas a tres óculos dispostos simetricamente no tramo semicircular. Ten dúas portas, unha en cada panel da nave, con catro e seis columnas, respectivamente. Toda a ábsida se atopa percorrida interiormente por un banco corrido sobre o que se erguen as basas das columnas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2105380688
Lonxitude: -8.72574090958
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84