Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Aguasantas (Santa María)
Lugar: Famelga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Pequeno castro construído ao redor dun coto rematado en tres outeiros. O lugar está actualmente cheo de maleza polo que é difícil apreciar a extensión e estrutura. Así, parece ter unha estrutura ovalada coincidindo o eixo máis longo coa dirección norte sur.

A croa superior presenta unha forte pendente ao este e un muro de contención cara ao oeste. Dentro da mesma pódese atopar un pía de grandes dimensións. Tamén hai unha inscrición na pedra dunha cruz de época incerta. No momento da visita houbo grandes choivas polo que unha parte estaba asolagada. Esta bolsa de auga no alto do outeiro podería indicar a presencia un antigo alxibe.

Hai outro nivel inferior seccionado polo este por un corta lumes e parece haber outro nivel inferior máis amplo. Polo oeste o castro está cuberto de maleza, toxos e silvas, e polo este hai unha carballeira. Non se aprecian muros ou foxos a simple vista.

Dende os cumio pódense a ver as Illas Ons, a Ría de Pontevedra e parte da de Arousa, así como a ermida da Peneda en Arcade, na ría de Vigo.


Fotogrametría:

Propiedade: DescoñecidaComunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Unha pía na parte central da croa superior.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Manuel Reboredo Tajes «A cultura castrexa nos vales dos ríos Lérez-Almofrei e Verdugo-Oitavén» Tese de Doutoramento. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. páx. 325.
● N.S.P. 25/02/97. Xacementos arqueológicos. Yacimiento 50.
● Filgueira Valverde, J. García Alen “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra” Museo de Provincial de Pontevedra. XXXI pág. 79. Pontevedra 1977
● Filgueira Valverde, J. García Alen “Adiciones a la Carta Arqueológica de la provincia de Pontevedra” Museo Provincial de Pontevedra. Pontevedra 1955. IX, pág. 31-45.
● Manuel Gago “Unha nova pía ‘elevada’ no castro de Famelga”
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/01/02/unha-nova-pia-elevada-no-castro-de-famelga/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Nas fotos vía satélite vese un corta lumes que secciona o castro polo leste, pero debo recoñecer que non o vin sobre o terreo. Polo demais, o castro atópase cheo de maleza e non e fácil transitar por el.


Onde está localizado

Latitude: 42.446110982238864
Lonxitude: -8.476563692092896
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84