Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Barrio do Cura. Rúa Pi i Margall, nº 2.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

O seu proxecto corresponde ao arquitecto Manuel Felipe Quintana, que o realiza en 1892, aínda que as obras non rematarían ata 1910. Mesmo ata 1939 se lle irían engadindo elementos.
A pesar de que o edificio que se construíu non se parece en nada ao proxecto elaborado por Quintana, trátase dun belo exemplo de arquitectura neogótica con pinceladas de románico e barroco.
Na fachada principal destacamos a súa fronte, dominada por catro contrafortes que a dividen simetricamente nun corpo central máis ancho e dous laterais máis estreitos. Tamén cabe mencionar as dúas fornelas neogóticas que flanquean os laterais da entrada e o gran rosetón situado enriba desta. A Igrexa remata cun corpo prismático e unha espadana sobre unha cornixa voada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2008/04/iglesia-y-asilo-de-las-hermanitas-de.html

Así era o Asilo dos Anciáns Desamparados, o desaparecido emblema do Barrio do Cura


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O 26 de marzo de 2006 as monxas e os anciáns que habitaban o edificio abandonárono para trasladarse a un novo situado no barrio de Alcabre. O mal estado do asilo foi o motivo polo que as relixiosas decidiron cambiar de residencia.
Hoxe o complexo está en estado ruinoso e da cobixo a indixentes, á espera de ser derrubado para construír o famoso proxecto urbanístico do Barrio do Cura.
A fachada da igrexa será conservada. As relixiosas chegaron a un acordo en 2003 co concelleiro de urbanismo polo cal a fachada da igrexa será utilizada na nova igrexa que se construirá no novo barrio de Navia.


Onde está localizado

Latitude: 42.235772147147
Lonxitude: -8.7289488315582
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84