Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Outeiro Lombo da Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Cuarto grupo da estación de petróglifos do outeiro Lombo da Costa que comprende sete rochas. Segundo a bibliografía estaría composto polas seguintes laxes:

* Laxe 1, de 4 x 5 metros, cunha combinación circular de dous aneis.
* Laxe 2, de 3 x 3,5 metros, con dúas combinacións circulares de dous aneis, aínda que un deles está moi erosinado.
* Laxe 3, de 1 x 0,5 metros, cunha combinación de círculos concéntricos. Está situada ao fondo do recinto e na parte dereita segundo se baixa. A combinación de círculos que amosa está moi definida, xunto cunha liña.
* Laxe 4, de 4 x 3 metros, con 20 combinacións circulares e un cuadrúpede. Sitúase no nivel máis inferior e no centro. Trátase dunha rocha cun gran volume mirando ao regato. Aprécianse ben 10 das combinacións, destacando moito unha cunha gran cazoleta de 5 centímetros situada na parte dereita da rocha (mirando cara ao regato). A maior parte delas están moi erosionadas e non é doalo velas. Coincide co grupo XV das catalogadas por García Alen e De la Peña Santos (p. 47).
* Laxe 5, de 1 x 1 metro, cun cuadrúpede.
* Laxe 6, de 3 x 1 metro, cunha combinación circular.
* Laxe 7, de 4 x 1,5 metros, con dúas combinacións circulares.

O Conxunto atópase seguindo o camiño de acceso dende a N-541 para chegar a Laxe das Rodas. Ao comezar o camiño e torcer á esquerda, poderemos ver un recinto á dereita ao fondo da ladeira e preto dun regato. O recinto está colonizado por xestas e toxos, polo que non é doado transitar. Aprécianse labores de extracción de pedra de época recente polo que algunhas laxes están fracturadas ou con marcas de barrenas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012027
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARCÍA ALÉN e DE LA PEÑA SANTOS: «Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra». Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1980. (p. 52)

SEOANE VEIGA, Yolanda: «Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade», Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade». Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, CSIC 2011. (pp. 249-250) -http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312-

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf (p. 28, xacemento 27)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.513012958114516
Lonxitude: -8.499705791473389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84