Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Outeiro Lombo da Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Quinto grupo da estación rupestre do Outeiro Lombo da Costa. Un conxunto composto de cinco laxes:

● Laxe 1, de 1 x 0,50 metros, cunha superficie superior horizontal sobre a que se sitúa unha combinación de catro círculos concéntricos con dúas cazoletas centrais.
● Laxe 2, de 2,25 x 1,25 metros, coa superficie inclinada e un círculo simple na parte superior. Posúe outro máis así como unha combinación de círculos concéntricos na parte inferior.
● Laxe 3, de 3 x 2 metros, cunha cazoleta e outros motivos difíciles de determinar por causa da erosión.
● Laxe 4, de 1,50 x 0,75 metros, cun círculo simple.
● Laxe 5, de 1,60 x 0,60 metros, con dous círculos simples.

Como pasa con outras laxes do Outeiro do Lombo da Costa, non se pode apreciar ben os petróglifos a simple vista nas horas centrais do día debido a alto grado de erosión ou por estar as rochas cubertas de musgo. Ademais, no lugar aprécianse tamén labores de cantaría e extracción de pedra.

O conxunto é doado de atopar, pero non de ver. Atópase entre o camiño de acceso a Laxe das Rodas, dende a N-541, e o valado que circunda o grupo número 4 do Lombo da Costa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012028
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARCÍA ALÉN e DE LA PEÑA SANTOS: “Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra”. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1980. (p. 52)

SEOANE VEIGA, Yolanda: “Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade”, Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade”. Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, CSIC 2011. (pp. 249-250) -http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312-

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf (p. 29, xacemento 28)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.512846879787666
Lonxitude: -8.500049114227295
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84