Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: San Xurxo de Sacos (San Xurxo)
Lugar: Outeiro Lombo da Costa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

É o sexto grupo do Outeiro de Lombo da Costa que comprende unha laxe de 8,50 m de longo por 4,50 m de ancho na que se atopan dúas combinacións circulares e outros dous motivos que poden representar cuadrúpedes.

A laxe está totalmente cuberta de musgo e sedimentos arrastrados pola choiva, polo que a simple vista non é doado distinguir os gravados. Nas áreas espidas da laxe tampouco se aprecian ben.

Comparando esta laxe con outras do conxunto do Lombo da Costa é posible que o grado de erosión sexa moi alto polo que só sexa posible apreciar os gravados cunha luz rasante.

Corresponderíase co Grupo V dos descritos por García Alen e Peña Santos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36012029
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GARCÍA ALÉN e DE LA PEÑA SANTOS: «Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra». Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1980. (p. 52)

SEOANE VEIGA, Yolanda: «Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade», Avaliación do patrimonio cultural nas áreas afectadas polos incendios forestais do ano 2006: Campo Lameiro e Cotobade». Santiago de Compostela, Laboratorio de Patrimonio, CSIC 2011. (pp. 249-250) -http://libros.csic.es/product_info.php?products_id=312-

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf (p. 30, Xacemento 29)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.512957598721265
Lonxitude: -8.500263690948486
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84