Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: O Saviñao
Parroquia: Abuíme
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Conserva cinco esteos que definen unha cámara poligonal. Unha sexta lousa atópase desprazada un par de metros; na súa base mostra sinais de estar tallada polo que debeu ser utilizada en tarefas de cantaría.
No mes de setembro de 2012, don José Losada, coa colaboración doutros veciños e do “Círculo Recreativo Saviñao”, atopou nunha vivenda de Vilasante o que pode ser a tampa da anta de Abuíme que, ao parecer, fora reconvertida en pía para dar de beber ao gando. Xa no ano 1930, López Cuevillas dicía que unha das pezas da anta se atopaba nunha casa de Vilasante. Malia o anterior, hai varios anos uns veciños contáronme que a tampa se atopaba en A Chave, formando parte do piso dun cabaceiro.


Fotogrametría:

Dolmen de Abuime
by magago
on Sketchfab


Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai anos, ao preguntar polo enterramento, uns veciños dixéronme que no lugar se coñecía como “A tumba do xeneral”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mamoas-e-antas-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5572458
Lonxitude: -7.6513287
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84