Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Pontedeume (Santiago)
Lugar: Pontedeume
Outra denominación do ben: Pazo do Conde
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Na vila de Pontedeume erguíase un pazo-fortaleza no lugar que actualmente ocupan o mercado, a capela de San Miguel, derrubada no ano 1909, e o propio torreón, un alcázar dende onde os señores da vila repartían xustiza e administración do patrimonio. A fortaleza foi destruída en 1935, a pesares de que fora declarado Monumento Histórico-artístico poucos anos antes. Do conxunto tan só permanece a poderosa Torre da Homenaxe coa pedra armeira que estaba na porta de acceso ó castelo. Conxunto que estaba formado por dous conxuntos paralelos, recuado un respecto ó outro, que daban á “Praza do Conde”. No primeiro deles abríanse cinco xanelas e na fachada colocábase o brasón coas armas dos Andrade, Castro e Enríquez, de grandes dimensións e que foi recuperado para o torreón. No segundo corpo trazábase a porta orixinal, con arco de medio punto e grandes doelas graníticas. A presencia de canzorros moldurados en pedra indicaban a presencia do que debeu ser unha fermosa balconada con vistas sobre a entrada da ría. As Revoltas Irmandiñas e os incendios que padeceu a vila nos anos 1533 e 1607 foron os que provocaron o deterioro do edificio.
A Torre, substituta doutra primitiva, amosa planta cadrada con once metros e medio de lado por dezaoito de alto. Ten catro andares con xanelas góticas con maineis, destacando as do terceiro e cuarto andar, onde nun deles ten un ósculo calado co “selo de Salomón” ou cruz de cinco puntas. Tamén dispoñía dun cárcere, as dependencias do servizo e garda de defensa, a cociña, o comedor e as estancias máis privadas.
No aspecto exterior, está construída con pedra de lousa nos muros, que teñen máis de dous metros de grosor, reservando a cantería para os esquinais. Conta con varios vans, seteiras, letrina, portas e as xanelas xa mencionadas. Coróase con peitoril de cantería que apoia sobre canzorros moldurados.Na terraza hai ameas saíntes sobre ménsulas coas esquinas redondeadas. No muro sur, enriba da porta, hai unha grande pedra armeira formada por dezaoito bandeiras gañadas os franceses na batalla de Seminara no ano 1503 e un colar do que colga un vélaro. Enriba da coroa condal aparece un anxo cunha banda co lema “molite nocere” (non fagades mal).
Na actualidade a torre foi restaurada e esta adicada a diversas actividades culturais ademais de ser a oficina de turismo do concello.
Fernán Pérez de Andrade foi o promotor da torre, logo de recibir a vila por medio das mercés henriqueñas, así como o seu señorío. Alcumado “O Bo”, sería o primeiro conde de Pontedeume por privilexio do de Trastámara.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA15069014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”. Edicións Xerais, xullo 2003.
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez”. Vol. IX. Deputación da Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca007.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4076942338Lonxitude: -8.17198097717
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 12, 2017
Este ben, catalogado pola Xunta co código RI.000011090 e GAl5069014 , atópase tamén no PXOM do Concello de Pontedeume do ano 2016:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca007.PDF (Ficha X_014 – Páxina 18)
Oscar Franco says:
Ago 18, 2017
Engado un enlace web sobre a torre:
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/torreandrade/
E unha referencia na prensa do 14 de agosto de 2017:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/pontedeume/2017/08/14/vegetacion-crece-control-sobre-muros-torreon-dos-andrade-pontedeume/0003_201708F14C2992.htm