Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo García Flórez ergueuse a finais do século XVIII por Antonio García Estévez Fariña e a súa esposa Tomasa Suárez Flórez, aproveitando e respectando outro pazo anterior de menores proporcións. É, pois, unha casa grande señorial urbana con pórtico de soportais de tres arcos sobre robustas columnas na súa fachada fronteira, de grandes proporcións. Conta esta fachada con tres portas de decoración circundante no primeiro andar e dúas no segundo, que dan a senllos balcóns que dobran cara ás fachadas oriental e occidental e que flanquean o grandioso escudo helmado, que noutrora estaría dourado e policromado, e dúas gárgolas nas esquinas do tellado. Na súa fachada meridional presentaba unha única porta na parte oriental da planta baixa, correspondéndose os vans cos da principal nos dous pisos, cun só balcón corrido. A fachada que dá á rúa Pasantería ofrécenos unha “movida distribución de ocos” que marcan claramente o ritmo das escaleiras na súa parte central.

No momento de ser adquirido para Museo, estaban alugados ao concello os dous andares e o baixo á viúva de Paz Vidal como almacén para o seu negocio de funeraria. Un dos últimos destinos do edificio foi o de sede da Escola Normal de Mestras dende 1881 ata 1930. Nos primeiros anos da década dos trinta o primeiro andar estivo ocupado pola Escola Graduada de Nenos e o segundo como vivenda do Director da mesma.

Para a súa adecuación a Museo, as reformas exteriores foron mínimas, entre elas a construción da ponte que une o edificio co Castro Monteagudo. Nas esquinas do tellado colocáronse, pola fachada principal, as estatuas pétreas que representan a Esperanza e a Fortaleza, procedentes da portada do antigo pazo de San Román, no seu día recollidas pola Sociedad Arqueológica.

A remodelación interior afectou principalmente á división e distribución de espazos no primeiro e segundo andar para a súa adaptación ás necesidades expositivas e administrativas, sendo inauguradas as novas dependencias o 15 de agosto de 1943.

Máis complexas resultaron as afrontadas en 1946 na planta baixa, co conseguinte derrubamento ou modificación de muros e a colocación de elementos arquitectónicos de interese histórico-artístico alleos ó edificio. Tamén se modifica e adapta para a instalación da reconstitución da cámara de oficiais da fragata Numancia.

Nel acomodanse as coleccións de acibeche, iconografía de Santiago, grabado compostelán, escultura relixiosa, louza de Sargadelos, cerámica castrexa, vidros de La Granja e artesanías do ferro, liño e la; así como unha cociña tradicional galega, salas navais con espazos específicos adicados aos Mareantes, Méndez Núñez e a fragata Numancia e unha ampla selección de obras pictóricas de Castelao.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Información extraída da páxina web do museo de Pontevedra:
http://www.museo.depo.es/museo/edificios/ga.01050005.html
● Catálogo Conjunto Histórico Artístico de Pontevedra. Tomo 6. Ficha 3-45-01
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/2486CA605.pdf
● Luís F. Messia de la Cerda y Pita “Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra” Excma. Diputación de Pontevedra. Dpto. de Publicaciones. ISBN: 84-86845-22-x. Pontevedra 1989. páx. 65-74.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.432737841
Lonxitude: -8.64321470261
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84