Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María)
Lugar: Pontevedra
Outra denominación do ben: Edificio nº 1 do Museo de Pontevedra
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Segundo unha escritura do 14 de maio de 1285, monxes dominicos chegados do convento de San Domingos de Bonaval mercan o Campo da Verdade extramuros de Pontevedra. Aí construirán o Mosteiro de Santo Domingo. Aínda que as obras do templo actualmente conservado no se comezaron deica 1383, prolóngase durante os séculos XIV e XV contando coa familia Eans como principal benfeitora.

Pronto o convento goza de gran prestixio entre as familias de Pontevedra que buscaban seres enterradas no cemiterio dos dominicos, chegando a haber problemas cos párrocos da vila que prohibiron á xente que se enterrarán alí.

Ao remate da súa construción foi, con seguridade, un dos exemplos máis espléndidos do gótico galego e os seus restos seguen a selo.

Conta, na súa cabeceira, con cinco capelas, heptagonal a maior e pentagonais as restantes, cubertas con bóvedas de crucería. Cabe salientar o sepulcro na capela máis á esquerda no que figura a seguinte inscripión:

“Aquí está sepultado o nobre cabaleiro Tristán de Montenegro, fillo de Álbaro López de Montenegro e de Teresa Sánchez de Reino. Morreu por ferida dunha espingarda cando se tomou esta vila ao Conde de Camiña D. Pedro Albárez de Sotomaior. Ano 1464”

Na parte sur do cruceiro ábrese un rosetón, procedente da derruída cara ao norte e dúas portas de acceso á sacristía, unha de arco de medio punto rebaixado e outra de arco apuntado.

O templo era de cruz latina dunha nave e cuberta de madeira. Posuía unha torre oitavada no ángulo suroeste do cruceiro. Na fachada había un rosetón e en cada muro lateral, tres ventás. En ditos muros abríronse numerosas capelas.

No século XVIII iniciáronse as obras de reconstrución e cubrición das cubertas das bóvedas con pedra pero as tarefas víronse interrompidas pola aplicación da lei de exclaustración, e o convento é pechado o 8 de decembro de 1836, sendo entregado a “Junta de Enajenación de Edificios y Efectos de los Conventos Suprimidos de la Provincia de Pontevedra”

Despois disto, tentóuselle dar outros usos como o de cárcere para mulleres en 1851, hospicio no 1853, escola para párvulos en 1864, e finalmente asilo.

Pero o mosteiro xa ameazaba ruína e varias capelas foron demolidas no ano 1864 e finalmente a torre en 1870. A Sociedade Arqueolóxica fixo as xestións necesarias para salvar do derrube total o que queda hoxe en día: a cabeceira e parte do brazo sur do cruceiro que foron declaradas Monumento Nacional mediante lei o 14 de agosto de 1895.

Os restos foron solicitados pola Sociedade arqueolóxica nese mesmo intre, pero no puideron dispoñer deles ata 1947 converténdose así no primeiro e máis antigo edifico do Museo de Pontevedra.

Actualmente pódese contemplar nel os restos da igrexa e unha colección de escudos, lápidas, baldaquinos, capiteis e diversas estatuas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FORTES BOUZÁN, Xosé: “Historia de la Ciudad de Pontevedra”. Galicia Editorial, S.A. Gaesa. A Coruña, 1993 (pp. 129-135)

ENLACES WEB
http://www.museo.depo.es/museo/edificios/ga.01050001.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4312728770564
Lonxitude: -8.647028803825378
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84