Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Samos
Parroquia: San Cristovo do Real (San Cristovo)
Lugar: Lusío
Outra denominación do ben: Casa Grande de Lusío
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada no concello de Samos, próxima ao camiño de Santiago, podemos atopala a metade de camiño entre Samos e Triacastela. Este pazo con aspecto de fortaleza amurallada foi erixido en 1551 por Lope Vázquez de Vilamexe e a súa dona Leonor Alfonso de Balboa.

A edificación foi construída cun paramento de mampostería e rematado cunha cuberta de pizarra distribuída en diferentes edificios dos que destacan a orixinal e monumental cheminea da cociña, o Torreón, a capela familiar, e a porta de acceso flanqueada por dous contrafortes.

Nun dos paramentos do edifico hai un escudo labrado en pedra caliza moi desgastado con diversas armas e a carón del unha lenda que reza:

ESTA / CASA FUNDO LO PE / VAZQUEZ DE / BILAME X: ISVMW GER/
LIO NOR ALFONSO de BALBOA / AÑO 1551

Sabemos que nel, no 17 de febreiro de 1804, naceu e se criou o matemático e político Don Vicente Vázquez Queipo, autor de “Tablas de logaritmos vulgares” que en opinión dalgúns foi a obra máis vendida escrita por un autor galego.

Tamén temos noticia de que houbo unha reputada ferrería na que traballaron moitos artesáns e que máis tarde foi sede da ‘Juridiscción Civil y Criminal’ que tivo unha gran influencia na comarca.

A finais do século XX, estaba en mans dos monxes do mosteiro de Samos pero o edifico amen e en franco estado de abandono e ruina.

No ano 2006 chegase a un acordo coa Xunta para a recuperación do lugar e acondicionamento como museo adicado a Don Vicente Vázquez Queipo e como albergue de peregrinos pola súa proximidade a ruta xacobea.

En maio de 2008, a empresa DICSA acometeu as reformas e acondicionamento para a súa habitabilidade con vistas o seu uso coma como albergue de peregrinos pola súa proximidade a ruta xacobea e museo adicado a Don Vicente Vázquez Queipo. A dirección do proxecto recae no arquitecto Víctor Hermo Vázquez.

Realizáronse reformas e illamento do teitume, implementación de sistema eléctrico, de auga corrente e consolidación da fabrica do edificio. No interior emprendeuse unha remodelación eliminando os materiais danados pola mala conservación. A intervención interior baseouse na posta en valor dos elementos arquitectónicos existentes e a incorporación de novos elementos de comunicación que, mediante diferenciación material en textura, cor e disposición exenta, organizan tódolos usos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: EquipamentoHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● “Inventario do Patrimonio Cultural da Provincia de Lugo. Quiroga” [en liña] Diario Oficial de Galicia, 12-07-1991. nº 133 [Consulta 17-03-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf
● “Pazos de Galicia” A Coruña: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia y Xunta de Galicia, 1992. ISBN 84-85665-17-1. Ficha 449 páx. 244.
● Antonio Benito Yebra de Ares “Pazos y señoríos de la provincia de Lugo”. Diputación Provincial de Lugo. 1997. Tomo 1, páx. 113.
● Hermo Sánchez, Víctor; Iglesias Babío, Juan; López Veiga, Iván. “La Casa Forte de Lusío, rehabilitada como albergue. Camino de Santiago”. Revista Peregrina, 2009. nº 4. ISSN 1888-9484. Páx. 79 – 82
● “Técnica Construtiva. Climatización radiante en la Casa Grande de Lusío” Arte y cemento: revista de la construcción y su entorno, 2011. Nº2128. ISSN 0212-8578. Páx. 84
● “Casa Forte de Lusío” Aqvam Latam, 17-08-2008 [Consulta: 16-03-2014]. Dispoñible en: http://aquamlatam.blogspot.com.es/2008/08/802-casa-forte-de-luso-samos-lugo.html
● Albergue-museo Casa de Lusío” Victor Hermo, 2012 [Consulta: 16-03-2014]. Dispoñible en: http://victorhermo.es/portfolio/casa-grande-de-lusio/
● “Casa Grande de Lusío”. DICSA, construcción e rehabilitación, 2010 [Consulta: 16-03-2014]. Dispoñible en: http://jruempresas.com/gl/lusio.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7394895
Lonxitude: -7.2802914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84