Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Centro Cidade
Lugar: Rúa Policarpo Sanz, 21
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O edificio, de estilo ecléctico, consta de catro plantas e presenta simetría nas súas dúas fachadas con respecto ao eixe central do chafrán. Destaca pola súa marcada horizontalidade e o almofadado continuo nas catro plantas. Os balcóns centrais balaustrados e os voados remarcan esa horizontalidade. Cabe mencionar tamén que os petriles son tamén balaustrados. Coróao unha forte cornixa con petriles cegos, balaustradas e pináculos.

O estilo ecléctico do edificio adquire un porte elegante pola utilización entre os vans das balconadas corridas de columnas, toscanas na primeira planta, xónicas na segunda e pilastras corintias na terceira.
O edificio supuxo a primeira obra en Vigo do arquitecto madrileño Manuel Felipe Quintana, en 1891. Felipe Quintana foi o arquitecto municipal do Concello de Vigo durante os anos 1886 a 1894.

O edificio foi rehabilitado hai uns anos e engadíuselle un baixo cuberta. Ademais, nos anos 70 rehabilitouse modificando a planta baixa con grandes escaparates e unha viseira.

Neste edificio cabe destacar a perda do remate superior cuxa data estaba inscrita, a desaparición das grilandas das ventás e a modificada porta de entrada.

As galerías que fan esquina tamén foron eliminadas. Na última reforma recuperáronse os baixos case fielmente e tamén as galerías. Pero non as grilandas nin os remates superiores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2011/04/casa-para-francisco-solleiro-manuel.html
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=07.c+-+Casa+Franciso+Solleiro&index=18


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.237732167938
Lonxitude: -8.7221252918243
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84