Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Centro cidade
Lugar: Rúa García Barbón, 4
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX, Século XXI,
Descrición:

O edificio Odriozola, actualmente sede da Axencia Comunitaria para o Control da Pesca, é obra do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero. O 4 de marzo de 1875, Manuel Odriozola solicita no concello a licenza para a construción dun edificio de planta baixa e dúas alturas na rúa García Barbón, n.º 4 esquina Isabel II. O proxecto asínase o 29 de marzo do mesmo ano e o encargado é o mestre de obra Alejandro Rodríguez Sesmero.
O edificio mostra un eclecticismo academicista, pero cunha serie de peculiaridades propias moi común na arquitectura da cidade por aquela época. A fachada principal da rúa García Barbón é simétrica. Destaca sobre o resto das fachadas do edificio polo emprego de pilastras de orde corintia na primeira planta e de orde composta na segunda, e polo tratamento dos vans, que é de maior riqueza decorativa. Tamén se aprecia a presenza de arcos de medio punto en cada un dos vans do corpo central e a colocación de pilastras nos laterais da fachada. Ademais, cada planta ten un tratamento ornamental distinto, como se pode apreciar no lintel e a decoración dos arcos de cada planta. Das fachadas laterais cabe destacar os balcóns corridos illados da fachada principal.
En 1908 o inmoble é comprado polo adiñeirado emigrante porriñés Manuel Rodríguez Rodríguez, que o 23 de setembro do mesmo ano encarga a Jenaro de la Fuente e Domínguez o proxecto para engadir unha planta máis ao edificio, sendo o construtor da obra Antonio González Romero. Jenaro de la Fuente realizou un engadido respectando a obra orixinal. Así, a terceira planta tamén presenta unha decoración e un tipo de van diferente ao do resto das plantas.
O edificio ademais de pola súa elegante fachada, tamén destacaba polo seu fabuloso interior. Contaba cun amplo patio interior cunha elegante e magnífica escalinata que conducía ata a primeira e segunda planta. O proxecto de Jenaro de la Fuente serviu para completar esta escalinata engadindo dúas escaleiras helicoidais de dobre volta que daban a impresión de estar suspendidas no aire. Finalmente, o patio interior estaría coroado por un lucernario situado no centro da cúpula iluminando o inmoble.
O 2 de marzo de 1999, unhas obras que se realizaban no edificio lindante, provocaron o tráxico derrubamento do edificio, provocando a morte dunha inquilina de 65 anos e feridas a outras dúas persoas.
O edificio foi rehabilitado. A mala noticia desta rehabilitación é que se eliminou toda a disposición interior orixinal, eliminando un dos interiores máis sobresaíntes da arquitectura ecléctica viguesa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
GARRIDO, Jaime e IGLESIAS, Xosé Ramón: “Vigo. Arquitectura urbana”
GARRIDO, Jaime: “Vigo. La ciudad que se perdió”
GARRIDO, Jaime: “Arquitectura da pedra en Vigo”

ENLACES WEB:
http://proyectosbroarquitectura.blogspot.com.es/2011/09/edificio-odriozola-en-garcia-barbon.html
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2009/11/edificio-odriozola-1875-alejandro.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23722181377613
Lonxitude: -8.719665706157684
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84