Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Vigo - López Mora, 31
Outra denominación do ben: Casa da Xuventude
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O Chalé El Pilar é un edificio construído polo arquitecto José Franco Montes para o indiano Camilo Teijeiro Martín en 1913 na antiga estrada de Baiona (hoxe rúa López Mora).
Trátase dunha arquitectura moi influenciada pola corrente arquitectónica pintoresca de orixe centroeuropea, que ademais ten trazos modernistas e neomedievalistas. Este estilo introduciuse en Vigo procedente de Gran Bretaña a partir da segunda metade do século XIX. A súa orixe debemos atopala nos exemplos do “cottage” suízo ou alpino.
Os rasgos máis claros deste estilo arquitectónico podemos atopalos na utilización de volumes quebrados labrados en madeira, dúas puntiagudas torres nos ángulos, gran variedade de cubertas de forte inclinación, volumes movidos, estruturas de madeira, etc.
O edificio hoxe en día é a sede da Casa da Xuventude, principal infraestrutura da Concellería de Xuventude da cidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca012.pdf (Ficha A_106 – Páxina 7)
http://www.coag.es/edicionsculturais/verlibro.aspx?idlibro=10
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2008/03/chalet-el-pilar-casa-da-xuventude-1913.html

‘El Pilar’, una fantasía de los Alpes en el centro de Vigo


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2023/03/25/arquitecto-nacido-modernismo/0003_202303V25C7991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A pesares de que o seu estado de conservación é bo, o seu ámbito foi deteriorándose co paso dos anos e hoxe encóntrase afogado polos altos edificios que están ao seu arredor.


Onde está localizado

Latitude: 42.225323633412
Lonxitude: -8.7302604317665
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84