
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Bando (Santa Eulalia)
Lugar: Castro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está no cume dun outeiro a 410 metros de altitude e de pendentes acusadas. Segundo a ficha do planeamento urbanístico o castro está conformado por un recinto oval e de terrapléns moi sinxelos e moi esborrallados. Pola parte norte aprécianse restos dun parapeto. No lado nordés tería restos visibles dun muro de pedra moi alterado. As súas dimensións, na croa, oscilarían entre os 100 e 125 m. No lado noroeste o terraplén do castro está interrompido por unha rampla. A día de hoxe o espazo no que se atopa o castro está inzado de maleza, sobre todo toxo, e non é fácil chegar ata el. Na foto 2 podemos ver o mapa Lidar de pendentes do 2010 pertencentes á zona do castro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15078047
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Acuña Castroviejo, Fernando. 1968. Yacimientos arqueológicos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago de Compostela.(Tese, pp. 90-93) Tese de Licenciatura
Catalogación de Yacimientos prerromanos del Ayuntamiento de Santiago Arqueoloxía /Investigación 3. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Benestar. Dirección Xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico Artístico. Santiago.( Pp. 129- 130)
García Martínez, Manuel Carlos (1971) Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela . Compostelanum XVI pp. 213-58.Santiago
Páxina do catálogo arqueolóxico do PXOM do concello de Santiago do ano 2007
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf
( p.222 e 223 de 401)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9003327158Lonxitude: -8.4779047966
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84