
Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: A Pobra de Trives
Parroquia: Sobrado (San Salvador)
Lugar: Sobrado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Cenobio de monxas bieitas. Se ben é certo que case toda a bibliografía fala de que o primeiro documento coñecido data do ano 1287, un documento do mosteiro de Sobrado dos Monxes, escrito enteiramente en galego e datado o 22 de xaneiro de 1255, recolle o foro feito por dona Marina Rodríguez, abadesa de Trives, a Xoán Cerdeira do casal que o mosteiro tiña xunto a igrexa de Cerdeira. Consérvase unha torre militar exenta adaptada como campanario que se ergue xunto a igrexa. Na súa orixe tivo un claustro ao que se abrían o resto das dependencias monacais. No século XV pasa a depender de San Paio de Antealtares, en Santiago. O templo, do século XII, é un típico exemplar do románico galego, de planta rectangular dunha nave que remata nunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón. A fachada románica presenta unha portada enmarcada por un tornachoivas apoiado en columnas e un modillón, salientando o conxunto de capiteis e o lintel sostido por dúas figuras humanas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/POBRADETRIVES/documents/0537CA003.pdf (p. 2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.315724488890794Lonxitude: -7.238187789916992
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84