Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Melias (Santa María)
Lugar: Bouzas de Fondo
Outra denominación do ben: Casa de Bouzas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de estilo barroco do século XVIII, ano 1.758 en estado case ruinoso actualmente. Levántase en medio dunha leira rodeado por un muro, agora dedicada a pastos pero antano a viñedos.
O edificio principal presenta planta en “U” e no medio sitúase o patio de forma rectangular. A construción é de sillaría de granito na fachada exterior e algunha das que dan ao patio, mentres que as outras son de cachotería irregular. O tellado é a dúas augas en todo o edificio.
Unha das zonas máis destacada é a do muro da entrada principal de acceso á casa. A parede está feita de pedras ben encadradas, e remata na parte superior cunha cornixa de moldura dobre ornamentada con pináculos piramidais con bola e unha peaña, agora baleira, que debeu ter unha cruz ou un santo.
O portalón está adintelado, e as pedras da parede foron colocados nunha especie de tímpano, cuxa parte central está ocupada polo escudo.
Outro exactamente como este, está a altura das ventás do piso superior da fachada oeste.
O edificio está equipado con unha fermosa cheminea de sección transversal trapezoidal rematada en cornixa, friso e cinco remates de pirámide e bóla,(moi deteriorados) o de centro maior no que tiña un catavento de ferro.

A unha curta distancia da casa está unha capela, de planta rectangular e tellado de dobre vertente, de corte neoclásica, actualmente en ruínas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/12383988
http://www.concellopereiro.com/es/patrimonio/pazos/pazoBouzas/pazoBouzas.htm
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA002.pdf (p.9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.388282727903764
Lonxitude: -7.78865218162536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84