
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Melias (Santa María)
Lugar: Bouzas de Fondo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Capela de corte neoclásica pertencente ao Pazo de Bouzas. De planta rectangular e cuberta a dúas augas. Ante ela encóntrase a día de hoxe, una columna con capitel dórico, que serviu de soporte a un cabido que tiña para gorecer aos fieis.
A espadana, situada no nivel máis alto, conta cun só oco no que estaría a campá. Son de destacar os tres ocos redondos que decoran a peza superior do arco, e sobre ela molduras rectas. Exteriormente, a fachada da nave é de sillaría con zona de piares de perfís angulares que permiten a ventilación. Na porta de entrada destaca o arco de medio punto que ten un gravado que nos di a data de construción: 1836.
Na actualidade atópase en estado totalmente ruinoso. A pouca distancia desta capela encóntrase o Pazo de Bouzas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.panoramio.com/photo/12383988
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA005.pdf (p. 11)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.388084621450936Lonxitude: -7.78838396072387
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





