Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santo Estevo de Sandiás
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Torre do Castro
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A torre de Sandiás, ou torre do Castro a denominación pola que é coñecida polos veciños, é o único vestixio dun castelo medieval construído na primeira metade do século XII sobre un antigo castro. Conserva en bo estado os seus grosos muros norte e leste, e parcialmente o do sur. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde, en 1467, é arrasado polos irmandiños, e quizais xa non fora reconstruído, tal como apunta algún autor. Mais a maioría dos autores afirman que voltou a reconstruirse, non quedando claro o momento no que acadou o seu estado actual. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32077002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/search?q=LENDAS


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“Resume xeneral de folk-lore de Sandiás”
Urbano Santana
Revista Nós, xuño-setembro, 1931.
http://issuu.com/torredocastro/docs/revistaatorredocastro82014

“Castillos de Ourense”
Olbes Durán, Carlos
Ediciones Lancia, S.A.
1ª ed.(08/1996)
96 páginas; 17×12 cm
ISBN: 8481770302 ISBN-13: 9788481770308

Revista cultural e turística do concello de Sandiás ¨A Torre do Castro¨(Número 1. Ano 2007)

Blog ¨No corazón da Antela¨
http://nocorazondaantela.blogspot.com.es/

Publicacións de interese do Concello de Sandiás:
http://issuu.com/torredocastro


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Considerase unha ruína consolidada. Presenta algunha vexetación na parte alta dos seus grosos muros. Os accesos melloráronse coa realización de melloras por parte dos Obradoiros do Concello de Sandiás. O sistema de iluminación da torre foi vítima do vandalismo varias veces, ata quedar totalmente destruído (corte de cables, destrucción de lámparas, etc.).


Onde está localizado

Latitude: 42.1229994156
Lonxitude: -7.74373054504
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84