Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: Pontedeume
Parroquia: Pontedeume (Santiago)
Lugar: Pontedeume
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

No ano 1852, o arquitecto Faustino Domínguez Domínguez proxecta o novo cárcere para Pontedeume. Constrúese ós pés do torreón, nun terreo ganado ó mar. Trátase dunha planta cadrada disposta en dous niveis deixando un patio central descuberto, cun espazo asoportalado que vai ata a capela, e a disposición de seis estancias destinadas a calabozos.
No aspecto exterior hai que diferencia-la fachada principal das demais. Esta queda dividida en cinco tramos dos que a central e os laterais adiántanse respecto ó resto, ademais de resaltarse co emprego da cantería que no corpo baixo está almofada. A entrada realízase a través dun arco de medio punto, e as xanelas alternan linteis rectos con arcos do mesmo trazado, quedando partidas por unha liña de imposta, mentres que no primeiro andar péchanse con varandas de ferro forxado.
Fai anos, o recinto fixo as labouras de Xulgado Municipal e na actualidade, serve como centro de Servizos Sociais do Concello.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez”. Vol IX. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.40798600005783
Lonxitude: -8.171929121017456
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84