Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Viveiro
Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)
Lugar: Viveiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Foi nos séculos XIII e XIV cando se configurou a vila de Viveiro. Unha muralla con torreóns arrodeaba a Cidade do Landro. Ao interior do recinto accedíase por varias portas e portelos. Na actualidade consérvanse restos das antigas murallas e tres portas: a do Castelo da Ponte, a do Valado e a da Vila.

A Porta do Castelo da Ponte, coñecida tamén como de Carlos V é renacentista do ano 1548, con aspecto de fortaleza, ten a súa orixe noutra anterior do século XIII. Na parte posterior da porta hai unha imaxe de San Roque. Declarada Monumento Histórico Artístico.

A Porta da Vila era a entrada principal pola antiga calzada romana. Data do século XII. Hai unha inscrición de tempos do rei Afonso IX. Polo interior conserva un retablo do Santo Cristo do Amparo do século XVIII.

A Porta do Valado ten para algúns unha orixe romana, malia que é románica do século XIII. Por ela accédese á Calexa das Monxas que delimita o convento das Concepcionistas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

DONAPETRY IRIBARNEGARAY, J: “Historia de Vivero y su concejo”

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.668864978053634
Lonxitude: -7.584686279296875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84